ALLARIZ

A vila, capital galega do radiocontrol e modelismo

<p></p>
photo_camera A alcaldesa de Allariz, á esquerda, xunto con Santiago Mariscal e Ramón Vila.

Os amantes destas modalidades poderán participar de varias exhibicións 

O modelismo e o radiocontrol chegarán a Allariz durante esta fin de semana, mediante unha exhibición desta modalidade que fará as delicias dos participantes. O espectáculo virá da man de Santiago Mariscal e de Ramón Vila que, logo de dous anos de esforzo e dedicación, conseguiron que a súa pista se convertese na máis grande que hai destas características en Europa.

A propia alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, louvou a labor de Santiago e Ramón destacando "o seu bo facer, xa que co seu traballo farán da vila, durante esta fin de semana, un referente a nivel mundial".

Coas inscricións xa pechadas, os seguidores do modelismo e do radiocontrol poderán participar nas exhibicións, que se levarán a cabo durante os dous días. Os horarios serán tanto diurnos, como nocturnos durante a xornada de hoxe sábado.

Como novidades para esta edición, Santiago, de "Trucks Galicia", destaca o aparcamento de tres plantas e o porto de montaña de 44 metros de circulación.

As maquetas que participarán na proba serán de escalas comprendidas entre 1:12 e 1:16, cun peso de 25 quilogramos e unha superficie de 600 metros cadrados. Estará enmarcada dentro das instalacións do picadeiro do Camping Hípica Os Invernadoiros e no Complexo Deportivo O Seixo, onde haberá aeromodelismo.

Te puede interesar