ALLARIZ

Allariz abrirá en outubro ao público a excavación de Armea

Allariz. 25-06-2015. Presentación campaña de verán en Armea. Francisco García, Adolfo Fernández. José Paz
photo_camera O arqueólogo Adolfo Fernández, co alcalde de Allariz, Francisco García. (JOSÉ PAZ)

En xullo realizará unha nova fase de traballo no xacemento, en colaboración coa Universidade de Vigo

O Concello de Allariz e os directores da excavación Adolfo Fernández e Fermín Pérez prevén que as excavacións de Armea estarán listas para ser visitadas a partir do mes de outubro. Isto será posible gracias a que os traballos na zona se desenvolverán durante todo o mes de xullo, quedando setembro reservado para as actuacións de conservación e restauración.

Así o adiantaron onte tras anunciar o inicio da campaña deste ano, na que técnicos e alumnos da Universidade de Vigo se trasladarán a Armeá co obxectivo de completar os traballos desenvolvidos na zona, que permiten coñecer cada ano un pouco máis do pasado de Allariz. Así o perfilou o alcalde do municipio ó tempo que lembrou o valor destes restos arqueolóxicos tanto para Santa Mariña de Augas Santas como para todo o concello. O rexedor estivo acompañado polo director das excavacións, Adolfo Fernández. Gracias a un convenio asinado o pasado mes de febreiro coa Universidade de Vigo, unha vintena de estudantes realizarán prácticas tanto á hora de excavar como á de analizar os elementos no laboratorio.

Precisamente, con esta dobre investigación, a campaña de Armea dará un salto cualitativo, que se completará con actividades didácticas e visitas guiadas. Grandes e pequenos poderán gozar cos segredos de Armea. Estes últimos, están chamados a terceira semana de xullo a un obradoiro arqueolóxico pensado para eles.

Te puede interesar