BAIXA LIMIA

O alcalde de Bande mantén un soldo de 29.000 euros

bande_result
photo_camera Casa Consistorial de Bande.

O Concello de Bande tan só contará cunha dedicación exclusiva no mandato recén comezado.

O Concello de Bande tan só contará cunha dedicación exclusiva no mandato recén comezado. Será a do alcalde, José Antonio Armada Pérez, mantendo deste xeito unha estructura que permanece dende hai oito anos. O mesmo acontecerá co salario do rexedor, que se sitúa nos 29.000 euros brutos anuais, divididos en 14 pagas. "O meu salario leva conxelado oito anos", explica Armada.

Estas serán algunhas das medidas que se aprobarán hoxe pola tarde no transcurso dunha sesión plenaria, na que a corporación municipal votará tamén as delegacións de competencias, as comisións informativas ou a representación do grupo de goberno do Concello de Bande en órganos coma as xuntas escolares, a Mancomunidade da Baixa Limia ou a Fundación Aquis Querquennis. Do mesmo xeito, Corporación municipal votará a continuidade Antonio Rodríguez Rodríguez como tenente alcalde da localidade.

A corporación municipal de Bande está composta por sete concelleiros do Partido Popular e dous do PSOE, polo que a aprobación destas medidas está garantizada. A sesión plenaria celebrarase ás 20.30 horas na Casa Consistorial, un horario establecido polo rexedor coa idea de que "a veciñanza poida acudir", por iso, "canto máis tarde o convoquemos, máis xente terá oportunidade de achegarse e formar parte do debate", en palabras de Armada.nd

Te puede interesar