REUNIÓN

Asamblea da Plataforma para o Desenvolvemento da Baixa Limia

A reunión terá lugar mañá sábado, día 21 de xaneiro, a partir das 17,00 horas, no antigo Centro Médico de Entrimo

A xunta directiva da Asociación Plataforma para o Desenvolvemento Económico e natural sostible da Baixa Limia (Plabali), convocou unha asamblea xeral da entidade. A reunión terá lugar mañá sábado, día 21 de xaneiro, a partir das 17,00 horas, no antigo Centro Médico de Entrimo, da localidade de Terrachán.

Na orde do día da sesión figuran cinco puntos, entre os que destaca a renovación da xunta directiva da asociación. A maiores, os asistentes á asamblea examinarán e darán a súa aprobación, se procede, ás contas anuais e do orzamento anuál, e someterase a aprobación da asamblea a memoria anual de actividades de Plabali.

A Plabali naceu no ano 2013, impulsada por un grupo de persoas e colectivos para loitar contra a marxinación da Baixa Limia e deseñar estratexias para promover o seu desenvolvemento.

Te puede interesar