GASTRONOMÍA

Bande abrirá o Mercado do Xurés ao público o 9 de abril

<p></p>
photo_camera Edificio que albergará as instalacións do Mercado do Xurés.

As novas instalacións acollerán seis establecementos para a venta de productos e experiencias

O Mercado do Xurés, que ocupará a antiga praza de abastos de Bande, abrirá as súas portas o vindeiro día 9 de abril. O Concello pon en marcha deste xeito un proyecto que pretende conxugar a venta, degustación e promoción de productos da zona coa comercialización de "experiencias" no parque natural do Xurés.

Segundo sinala o alcalde de Bande, José Antonio Armada, tanto a vila como o Mercado "pretenden consolidarse como o primeiro punto de contacto dos visitantes coa Baixa Limia e o Parque Natural". As obras que se acometeron no edificio que acollía a antiga Praza de Abastos desembocaron nunhas instalacións dinámicas e modernas e logo do concurso convocado para explotar os seus postos, foron adxudicados deles cinco a outras tantas empresas que cumprían os requisitos da convocatoria.

As instalacións acllerán dúas empresas que comercializarán "experiencias" e operarán como unha especie de axencias con paquetes de actividades como sendeirismo, rutas, barranquismo, aloxamientos, turismo, etc., todas relacionadas co Parque do Xurés. Otros tres postos estarán ocupados pola firma As Estrugas, a venda de queixos da zona e a comercialización de pan e productos de pastelería. Un sexto posto estará dispoñible para empresas especializadas que o ocuparán en función das xornadas temáticas que se organizarán periódicamente no Mercado e que terán ao Xurés como eixo.

Te puede interesar