OBRAS DE MELLORA

O Concello de Bande reabre a OU-411 na ponte sobre o Badella

23.06.16.BANDE.OBRAS PONTE RIO BADELLA.
photo_camera El puente abierto ya al tráfico.

A ponte terá a partir de agora cunha beirarrúa de dous metros de anchura, separada dos carrís de circulación

O Concello de Bande reabriu onte pola tarde ao tráfico a ponte sobre o río Badella, na estrada OU-411, que estivo pechada por obras nos últimos dous meses. Estes traballos motivaron as queixas da veciños de pobos que se viron afectados, polas deficientes condicións nos que se atopaban os desvíos provisionais habilitados.

As obras foron acometidas pola Consellería de Infraestruturas, cun presuposto de 43.000 euros. O obxectivo das mesmas foi ampliar a citada ponte, que era moi estreita, cunha lousa prefabricada, ancorada nunha cimentación realizada no recheo da ponte. Esta contará a partir de agora cunha beirarrúa de dous metros e dous carrís de circulación de tres metros, separados por unha barreira metálica.

O alcalde de Bande, José Antonio Armada, resalta a importancia desta obra para a seguridade dos moitos veciños que utilizan esta ponte para ir ata as piscinas municipais ou o pavillón polideportivo, que a partir de agora contarán conha senda de dous metros de anchura para cruzar por este punto.n

Te puede interesar