VIVIENDA

O Concello de Bande recibe 90.000 euros para 3 vivendas sociais

<p></p>
photo_camera As vivendas dos mestres, no momento da súa mellora.

A Xunta de Galicia vén de concederlle ao Concello de Bande unha axuda de 90.000 euros para a rehabilitación de 3 vivendas de mestres co fin de destinalas a alugueiros sociais. Trátanse das primeiras subvencións ao abeiro da convocatoria para 2018 do programa de rehabilitación de antigas casas de mestres e outros oficios e outras edificacións de titularidade municipal.

Estas axudas convocáronse en setembro e poderán aínda solicitarse ata o día 1 de xuño de 2018. O importe total da convocatoria é de 948.332 euros, o que supón un incremento de máis do 80 % respecto das axudas concedidas en 2017.

Os beneficiarios son os concellos de menos de 20.000 habitantes nos que existan habitantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e cumpran os requisitos establecidos. As vivendas resultantes da rehabilitación deberán ser destinadas ao alugueiro por parte de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples.

Esta achega do departamento autonómico vén a engadirse á subvención que a Deputación de Ourense aprobou para mellorar a cuberta e retirar o amianto destas mesmas vivendas, cinco en total e cunha superficie unitaria aproximada de 108 metros.

Te puede interesar