FUEGO FORESTAL

Extinguido o incendio forestal rexistrado en Lobios

lob
photo_camera Os servicios de extinción sofocando as lapas de Lobios.

Segundo as últimas estimacións a superficie afectada foi de 133 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, na parroquia de Grou.

Este incendio forestal comezou o domingo ás 17:35 horas e quedou finalmente extinguido ás 15:00 horas deste mediodía. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada foi de 133 hectáreas, das cales 63 son de monte raso e o resto de arborado.

Na súa extinción traballaron 10 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas e 5 helicópteros. A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso.

Te puede interesar