EVENTO GASTRONÓMICO

O peixe, rei da festa en Bande

Toda a programación dunha das citas gastronómicas máis antigas de Galicia, declarada  “Festa de Interese Turístico de Galicia”

A vila de Bande acollerá o vindeiro fin de semana a edición número 47 da Festa do Peixe, que foi presentada onte pola mañá no Pazo Provincial como "o maior escaparate gastronómico" daquela localidade. O acto de presentación contou coa presencia do presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Bande, José Antonio Armada, e un representante do Club do Peixe, José Emilio Rodríguez.

A inauguración terá lugar o venres día 9, ás 20,00 horas, dando paso ao longo dos dous días seguintes dun amplo programa de actividades, como o concurso de percorrido de caza para afeccionados, exhibicións de patinaxe, concurso de pesca, mercado de artesanía, o mercado do Xurés, moita música e degustacións de peixe.

Manuel Baltar destacou no acto de presentación que se trata dunha "das festas máis importantes que se celebran na provincia, declarada 'Festa de Interese Turístico de Galicia', que ano a ano medra e se converte durante eses días a Banda como protagonista dunha das celebracions gastronómicas máis antigas de Galicia".

Te puede interesar