EXPLOTACIÓN

Lidia Senra pregunta á CE sobre unha mina na Gudiña

A zona de explotación atópase na aldea de Barxa, na Gudiña, preto do Lugar de Importancia Comunitaria Pena Maseira

A eurodeputada Lídia Senra  registrou esta semana unha pregunta dirixida á Comisión Europea (CE) na que denuncia a ausencia de estudo de impacto ambiental transfronterizo dunha mina da Gudiña. O escrito está asinado tamén por dous deputados lusos e da conta de que en 2015 a Xunta outorgou a concesión para a explotación dunha de wolframio á empresa European Tungsteen Company, filial de Sacyr.

A zona de explotación atópase na aldea de Barxa, na Gudiña, preto do Lugar de Importancia Comunitaria Pena Maseira, a un quilómetro da fronteira portuguesa e na cabeceira da conca do río Rabazal,que atravesa o Parque Natural de Montesinho.

Segundo a eurodeputada, "non consta que o proxecto fora sometido a estudo de impacto ambiental transfronteirizo, como exigen as directivas" da UE, ademais do protocolo de actuación entre os gobernos luso e español sobre a aplicación ás avaliacións ambientais de proxectos con efectos transfronteirizos.

Te puede interesar