NATURALEZA

Lobios acolle un curso sobre o uso cooperativo do monte

O Hotel Balneario Caldaria de Lobios acollerá o próximo día 6 de maio un curso sobre "Creación de emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comunal".

O Hotel Balneario Caldaria de Lobios acollerá o próximo día 6 de maio un curso sobre "Creación de emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comunal". Esta actividade está promovida e financiada pola Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo, e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).

A xornada comezará ás 09,30 horas, coa recepción dos asistentes e ás 10,00 horas, Calixto Escariz, experto asesor de comunidades de montes, analizará a "Lei de Montes de Galicia, as obrigas que establece e en qué poden investir das comunidades de montes". A continuación, o director de Agaca, Higinio Mougán, disertará sobre a "Xestión cooperativa dos recursos ociosos dos montes veciñais".

Manuel Eirín, asesor de Gaélica Solar, analizará "As comunidades veciñais en man común e a eficiencia enerxética como iniciativa innovadora no medio rural". José Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes falará sobre a "Xestión dos montes en espazos medioambientais: Parque Natural Reserva da Biosfera".

A xornada pecharase coas intervencións de Manuela González, que analizará "O cultivo de olivas nos montes comunais", e Eloi Villada Legaspi, que plantexará o tema "Xestión do monte e pastoreo de gando".

Te puede interesar