SOCIALISTAS

O PSOE de Lobios solicita a celebración dun pleno

O grupo socialista expón cinco asuntos para incluir na orde do día

O grupo municipal socialista de Lobios presentou un escrito no Rexistro do Concello, no que reclama a celebración dun pleno extraordinario, acolléndose ao establecido na Lei de Bases de Régimen Local. A corporación municipal de Lobios está conformada por seis concelleiros do PP, que xestiona o goberno local, e cinco concelleiros do PSOE, cuxo portavoz, Francisco Veloso González, firma a solicitude.

O grupo socialista expón cinco asuntos para incluir na orde do día. O primeiro fai referencia á "incorporación inmediata dun secretario interventor a xornada completa no Concello". O segundo asunto que propoñen para debater reclama a execución "dos acordos plenarios da sesión extraordinaria celebrada o día 4 de agosto de 2015 a petición dos cinco concelleiros da oposición".

O terceiro punto que expón o PSdeG é un debate sobre as festas e celebracións municipais. Os dous últimos asuntos fan referencia á situación da auga termal en Riocaldo e o acondicionamento de camiños e rúas nas parroquias.

Te puede interesar