LOBIOS

Puxedo recupera o monte queimado apadriñando a plantación de castiñeiros

Un cento de voluntarios acudíu á actividade organizada por Xuvemprende

Castiñeiros apadriñados no souto de Gabián, da localidade de Puxedo, en Lobios.
Castiñeiros apadriñados no souto de Gabián, da localidade de Puxedo, en Lobios.
Puxedo recupera o monte queimado apadriñando a plantación de castiñeiros

Un cento de persoas, voluntarios procedentes moitos deles de Ourense, achegáronse onte ata a localidade de Puxedo, no Concello de Lobios, para participar no apadriñamento de castiñeiros, unha actividade coa que a asociación Xuvemprende do Xurés está a acometer tarefas de recuperación de montes arrasados por incendios forestais. Onte os participantes apadriñaron castiñeiros que se plantaron no souto de Gabián, que foi arrasado polo lume no pasado mes de outubro. Esta actividade é moi semellante á que este mesmo colectivo, que conta coa colaboración da Asociación Sustinea, levou a cabo no souto de Cortiñas, da mesma parroquia.

Nunha mañá fría e húmida, con moita neboa, plantáronse un cento de exemplares de castaño, da variedade xudía. Cada castiñeiros apadriñado queda identificado cunha placa co nome do seu padriño, que se compromete a coidar del. A maiores, os voluntarios participaron nunha sementeira de centeo nas inmediacións do souto e na construcción de numerosas barreiras para atallar as escorrentías, utilizando troncos de árbores, ramas e fentos.

Rematada a plantación e o resto de tarefas no monte, os particpantes asistieron a un obradoiro sobre aplicacions culinarias da castaña, que correu a cargo dos chefs Adrián Días, Merche Sobral e Martín Álvarez, cobrando especial protagonismo un estofado de ternera con castaña, las filloas elaboradas con harina de castaña o el pan de castaña, que integraron el menú del almuerzo. Ya por la tarde tuvo lugar una conferencia de Rubén Riós.

Para hoy domingo está prevista una nueva salida para repoblar y proteger el monte quemado, aunque estará a expensas de como evolucione a situación meteorolóxica.