ENTREVISTA AL ALCALDE DE BANDE

José Antonio Armada: “Si queremos apostar por un rural forte, non podemos suprimir servizos"

06.10.15.BANDE.JOSE ANTONIO ARMADA ALCALDE DA LOCALIDADE.
photo_camera O rexidor de Bande, José Antonio Armada Pérez.

Asumir o mando do concello onde un naceu é, para José Antonio Armada, un orgullo e unha gran responsabilidade que lle restou tempo no ámbito persoal, pero permitiulle sumar logros

Asumir o mando do concello onde un naceu é, para José Antonio Armada, un orgullo e unha gran responsabilidade que lle restou tempo no ámbito persoal, pero que tamén lle permitiu sumar pequenos e grandes logros para o beneficio dos seus conveciños.

Como foron estes primeiros meses?

De moito traballo e de darlle continuidade a proxectos que estaban iniciados no anterior mandado e artellando accións de futuro para o municipio que teñen moito que ver coa formación e a posta en marcha de iniciativas que xeren emprego, como será o segundo Foro Transforma Ourense, que xirará entorno aos montes veciñais e o seu aproveitamento. Foi un periodo intenso porque se xuntou co periodo de verán, que é cando máis xente nos visita e nuns meses plagados de actividades deportivas e lúdicas. Tamén executamos obras importantes, como o acceso a Santa Comba, que confiamos en que teña continuidade co adecentamento dun lugar de “peregrinaxe” para moita xente. Fixemos varias actuacións na zona de Porto Quintela e estamos agardando a baixada das augas do encoro das Conchas para rematar co axeitamento das termas e coas prospeccións para conseguir a declaración das augas minero-medicinais do Baño.

Parece que As Conchas deu este ano un respiro co tema da contaminación...

A mín gústame ser cauto neste tema e penso que estanse dando pasos importantes, pero aínda quedan pasos por dar. Para iso temos que deixar que nos guien os técnicos, que ao fin e ó cabo son os que máis entenden, e seguir concienciando á poboación de que o encoro é un ben común. Se ben é certo que no seu momento foi un castigo (a súa construcción), agora temos que intentar sacar o máximo rendemento e aproveitamento.

Cales son as demandas veciñais?

Os veciños piden que os servizos que se prestan dende o Concello sexan eficientes, eficaces e da maior calidade posible. Están no seu dereito a facelo e nós temos a obriga de conseguilo. E as nosas accións teñen que ir encamiñadas a eso e á posta en marcha daquelas accións que faciliten o asentamiento poblacional e a xeración de postos de traballo. Para afrontar o problema demográfico é necesario darlle á xente estabilidade laboral.

Que propón?

Hoxe en día hai un sector primario que está completamente abandonado e que temos que buscar ou artellar as medidas necesarias para reactivalo novamente. Nós creemos que o desenvolvemento do sector pri- mario pode ser o primeiro paso para asentar poboación.

E a xente o ve así?

Eu penso que sí. Agora mesmo estamos en contacto cos presidentes de comunidades de monte en man común de Bande e recoñécennos que cada vez ven máis claro que o monte pode ter outros aproveitamentos e que pode xerar postos de traballo. Tampouco quero olvidar o tema patrimonial, que pode ser fonte de traballo dende o punto de vista turístico, e o sector comercial.Queremos levar a cabo un traballo para dinamizar o comercio local e que sexa un motor clave no desenvolvemento económico.

Cales serían os proxectos clave para o futuro de Bande?

Impulsar un novo espazo comercial na praza de abastos, como un punto de referencia para a degustación e venta de productos locais e tamén rematar o longo proceso administrativo que conlleva a declaración das augas minero-medicinais de O Baño. E aquí quero facer un inciso, porque moita xente nos pregunta porque non se fai un muro de con- tención no encoro para que se poida aproveitar durante todo o ano. A todos eles dígolles que esa proposta planteouse fai moito tempo, pero a Confederación Hidrográfica impide realizalo. A maiores temos en marcha, xunto con outros concellos e administracións, varios proxectos europeos.

Para iso fan falta cartos, cal é a situación económica do concello?

Estamos nunha situación económica boa. Esto nos permite afrontar diferentes obras e subvencións doutras administracións. Para estes e outros proxectos innovadores e fundamentais para o Concello temos tamén o gran respaldo e complicidade da Deputación.

Fai un ano falouse moito do peche do Xulgado, teme a perda de algún servizo comarcal? 

A confirmación da continuidade do Xulgado foi unha magnífica noticia e un acto de justiza, porque o traslado de servizos sería un duro golpe para esta zona. Si queremos apostar por un rural forte, un rural atractivo, non podemos suprimir servizos á xente. Cando falan da fusión de concellos, eu sempre digo o mesmo: si o obxectivo é abaratar custos, o mellor é fusionar servizos e temos un bo exemplo co que está a facer a Deputación coa recollida de lixo.

No tema das emerxencias,Bande non saíu ben parada na concesión dos grupos e acabou por asumir ditas competencias, volverá a facelo?

Nós imos seguir incidiendo na nosa demanda á Xunta de contar cun grupo de emerxencias. Somos cabecera de comarca e aquí está o Xulgado, o PAC ou o Instituto, as nosas vivendas superan as dúas alturas e tamén estánosnúcleosdemontaña.Ante cualquier emerxencia, nós entendemos que unha primeira acción é clave e moi importante. E mentras non consigamosunGES,éfundamental, para manter a calidade de vida e os servizos que se dispensan aos noso vecinos, contar cun grupo de protección que estes anos encargouse de demostrar que son efectivos e os primeiros en chegar ás emerxencias do noso concello.

Veciños e tamén algún rexidor, critican a innación do que debería ser un dos motores de esta comarca, o Xurés. Cal cree que debe ser o futuro do parque?

Eu espero que o parque cambie, que as accións que se deseñan muden 180 grados. Os primeiros en percibir a labor do parque son os veciños e eles dinnos que non as están notando. Polo tanto,creo que é necesario establecer outro tipo de líñas máis concretas, mais claras e cun orzamento, por suposto, máis claro e definido,onde os primeiros beneficiados sexan os veciños, porque son os principais gardiáns do Xurés. 

Te puede interesar