BAIXA LIMIA

Unha ruta polo Xurés seguirá os pasos dos represaliados

A xornada incluirá a lectura dun manifesto e un xantar de confraternización en Pitoês das Júnias

Unha ruta polo Xurés seguirá os pasos dos represaliados

O Comité pola recuperación da Memoria Histórica do Val do Limia está a organizar, para o sábado día 25 de agosto, o primeiro roteiro que rememora unha das vías de escape que empregaron os veciños e veciñas do val do Limia e, doutras partes de Galicia, para escapar dos falangistas.

Os fuxidos por esta e outras rutas espalladas polo que hoxe coñécese como o Parque do Xurés, atoparon acubillo nas freguesías portuguesas de Montalegre para seguir o seu camiño cara Europa ou América.

A rectoral de San Pedro de Muíños acollerá a saída as dez da mañá, tendo prevista a chegada a Tourem, onde se dará lectura a un manifesto, sobre as 13,30 horas. A organización porá un autobús que trasladará aos participantes dende o punto de chegada ata Pitoês das Júnias, onde se fará un xantar de confraternización, e posterior regreso ao punto de partida.


Patrimonio


O roteiro sigue corredoiras e congostras espectaculares para internarse no val do Salas entre un frondoso bosque de ribeira. Durante o percorrido, os participantes serán testemuña das mostras do patrimonio cultural e natural do lugar, complementados coa beleza paisaxística dos picos de Fontefría e das Gralleiras.n