FORMACIÓN

Xornada en Bande sobre tracción animal para a xestión forestal

A partir das 11,30 horas comezará a parte práctica da xornada no conocido como Semilleiro de Bande

O Obradoiro de Emprego Bioleboreiro, que integra aos concellos de Bande, Celanova e Verea, organizará hoxe unha xornada sobre tracción animal para a xestión forestal. A xornada terá lugar en Bande e abrirase ás 08,30 horas na Aula Cemit do Concello banduense, cunha charla sobre "A tracción animal no século XXI". De seguido, impartirase unha segunda charla sobre "Ecoloxía e ordenamento dos espazos forestais. Xestión forestal sustentable e impacto económico da xestión forestal". Esta parte teórica da xornada completarase cunha nova charla sobre "Aplicacions da tracción animal en operacións de xestión forestal: aspectos a considerar".

A partir das 11,30 horas comezará a parte práctica da xornada no conocido como Semilleiro de Bande. Na mesma analizaranse os arreios específicos utilizados no traballo forestal, ferramentas específicas que se utilizan neste tipo de traballos con tracción animal e, por último, técnicas de traballo no medio forestal.

Te puede interesar