LOBIOS

Xornada de promoción dos soutos do Xurés en Lobios

Xa pola tarde, procedeuse, á prantación de apadriñamento de castiñeiros, unha actividade que tivo lugar no souto de Fontiñas.

O Centro Social de Puxedo, no concello de Lobios, desenvolveu onte a actividade "Apadriña un castiñeiro nos soutos do Xurés", que contou con unha gran participación de veciños e visitantes. A iniciativa comezou a desenvolverse ás 10,30 horas, no Centro Social, cunha introducción, que foi seguida por unha disertación sobre "A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia e tratamento silvícolas do castiñeiro", que foi impartida por Manuel López Pérez.


Ás 12,30 horas abordouse a charla "Iniciativas de éxito no aproveitamento da castaña", na que participaron os fundadores da empresa Castañas Petelo, de Allariz. A actividade da mañá pechouse cunha degustación de diversos productos elaborados a base de castañas.


Xa pola tarde, procedeuse, á prantación de apadriñamento de castiñeiros, unha actividade que tivo lugar no souto de Fontiñas.

Te puede interesar