actividade de ocio

A Xunta organizará un campamento no Xurés

Trátase dunha actividade que ten como obxectivo a conservación e protección do patrimonio natural

A Xunta de Galicia organizará por primeira vez un campamento xuvenil no Parque Natural do Xurés. A actividade enmárcase dentro das postas en marcha pola Xunta para a conservación, protección e fomento do patrimonio natural e que contarán cun investimento de 80.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Este campamento estará destinado a mozos e mozas de entre 15 e 17 anos e terá lugar durante o mes de xullo dentro do programa Acción de Verán da Consellería de Política Social, e froito dun convenio de colaboración asinado no día de onte entre as consellerías de Medio Ambiente e de Política social,

Por outra banda este acordo tamén introduce como novidade o programa Dinamizando o Medio Ambiente. Trátase dunha serie de eventos dun día de duración que terán lugar nos parques naturais galegos entre os meses de abril e de outubro e que estarán destinados a xóvenes de entre 16 e 30 anos. Estas actividades abranguirán a realización de rutas e de actividades de educación ambiental e de lecer educativo. 

O acordo tamén fixou a celebración de campos de traballo nos seis parques naturais de Galicia, sendo dous de carácter internacional. 

Te puede interesar