A benquerida e amada, sempre por min sublimada

Estamos case non outono dás nosas vidas, pero para mín ti sempre estarás na primaveira. Ti, mentras vivas, mentras alentes sempre serás ese faro que, aínda que non o pareza, xamáis esmorecerá para un corazón tan falto de luz que é o meu. Esa lámpada que es ti, ese facho de luz que tanto me fai sofrer, porque estás tan preto e o mesmo tempo ficas tan lonxe, que teño medo ata de que alguen se achegue, te namore e perderte.
A benquerida e amada, sempre por min sublimada
Non te decatas que para mín sempre serás esa fror que nunca perde a súa frescura cal verxel, que nas mañanciñas do alto verán, que acariñada polas pingas de orballo, reloces cos primeiros raios de sol que mesmamente semellas salpicada de ouro e prata, reflectidos na túa face e cabelo dándoche ise ar de deusa mitoloxica cal Afrodita.

Non sabes que soio, eu, desexo estar o teu carón, compartir contigo aquilo que ti queiras compartir; estar á tua veira para poder fitarte sen ter que facelo as agachadas; poder escoitar as túas verbas e, como non, encherme do teu sorriso, ise sorriso que tanto, tanto me prendeu. E quero sofrer tamén cando ti sofras; ardo, amada miña, por estar o teu carón cando te anoxas, porque cando iso acontece semella que a túa beleza estoura reflectindo a túa fermosura arredor daqueles máis preto de ti que, por desgraza, entre eles non estou eu.