a conciencia tranquila

Fai bastantes anos o árbitro de Primeira División de fútbol, Andújar Oliver, normalmente bo colexiado, de tarde en tarde armaba uns barullos de moito coidado nos campos de xogo. Cando posteriormente o levaban ó programa detelevisión 'Estudio estadio', el sempre remataba as súas alegacións dicindo que tiña a concencia tranquila. Eu daquela botaba en falta un bo periodista que lle respostase que coa concencia tranquila non se arbitra ben, que para facelo cómpre coñecemento e bo ollo. Doutra maneira, o máis sensato sería entregarlle o silbato a unha monxiña da caridade, canto máis vella e chosca mellor.
Agora que no territorio español xurden, como cogordos no outono, unha chea de políticos corruptos, a maioría deles confesan tamén que teñen a concencia moi tranquila, non decatándose de que á cidadanía lle importa un rábano tal cousa, e que a indignación radica en que faltan cartos nalgunhas contas e sobran noutras.

Te puede interesar
Más en Cartas al director