salvar o entroido de verín

Unha vez máis, o entroido de Verín foi reflexo dunha clase política carente de cultura, afastada dos intereses populares, que só quere darse ínfulas e que ten como valor imperante a súa propia fachenda, sen ter en conta a verdaderia orixe do entroido nin a loita pola permanencia dos valores tradicionais.
Que se enteren ben os gobernantes: os cidadáns de a pé non queremos só un día fariñeiro, queremos fariña en camións, como antigamente, que todos os días se inunden de branco a praza e os negros pensamentos; non queremos ostentosas orquestas nas que se lucen pernas 'xa hai outras festas así', queremos gaiteiros, charangas nas rúas e nos bares que aleden o corazón; non queremos que o señor Feijóo e a súa comitiva acaparen o protagonismo nunha festa que é de todos; non queremos que se gasten diñeiro en escoltas, en policías i en camións da Consellería de Presidencia; non queremos que sexan eles quen vaian a buscar a don Carnal ao castelo de Monterrei, non queremos que se mesture a política cunha festa que pretende que por uns días esquezamos os nosos problemas, a crise e a mala xestión.

Unha vez máis, estamos errando. Na sinxeleza está a elegancia e a beleza e temos que seguir dando prioridade aos valores tradicionais, ao bo xantar e a ver o entroido como unha festa de grupo, entendido como unha comunidade homonéxena, que non alienada, onde todos estamos ao mesmo, a divertirnos.

Podemos dicir que quen van salvando o entroido son esas persoas que co seu inxenio e orixinalidade enchen a vila de humor, porque, señores, dame a sensación de que nos están estragando unha das festas máis bonitas do mundo á que pouco a pouco van arrebatando a súa identidade.

Te puede interesar
Más en Cartas al director