Natureza

Abellas Nais organiza unha xornada técnica sobre apicultura

O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (Amic) acollerá ao longo do día diferentes relatorios a cargo do veterinario Carlos Marín Barcaiztegui e a enxeñeira forestal Mariam Ferreira Golpe.

A Asociación Apícola Abellas Nais organiza este domingo, 25 de marzo a partir das 10,00 horas, unha xornada técnica de apicultura. O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (Amic) acollerá ao longo do día diferentes relatorios a cargo do veterinario Carlos Marín Barcaiztegui e a enxeñeira forestal Mariam Ferreira Golpe.

 

 

As estratexias de loita contra a varroa, o uso racional dos tratamentos e outras accións complementarias, o monitoreo das colmeas contra a varroa, outras doenzas apícolas, a xestión rendible da explotación apícola ou o impacto económico sobre as explotacións apícolas galegas da loita contra a Vespa velutina serán algunhas das conferencias que se impartirán no auditorio celanovense.


Encontro aberto


A xornada, aberta a toda a poboación interesada na apicultura, ten un custo de 5 euros por persoa (gratis para os membros da asociación Abellas Nais). O evento conta coa colaboración do Concello de Celanova e de Noroeste Veterinario S.L. 

 

Te puede interesar