entrevista

"As asociacións deben xogar un papel moi activo e axudar a dinamizar o entorno"

20180729190731113
photo_camera José Manuel Taín.

Os veciños de Zarracós están de aniversario. A asociación que con tanto esforzo e ilusión crearon no 1993 cumpre 25 anos cun feixe de proxectos cumpridos e outros tantos que quedan por facer dos que fala o seu secretario José Manuel Taín.

Os veciños de Zarracós están de aniversario. A asociación que con tanto esforzo e ilusión crearon no 1993 cumpre 25 anos cun feixe de proxectos cumpridos e outros tantos que quedan por facer dos que fala o seu secretario José Manuel Taín.


Como está sendo o aniversario?


É un motivo de alegría para todos os veciños da parroquia e, aínda que de momento só é algo conceptual que se manifesta nos carteis ou redes sociais, temos previsto realizar unha celebración no outono, coincidindo coa inauguración dunha das obras máis desexadas: a reforma da cancha de baloncesto.


Como era antes e como é agora?


Comezamos con 82 familias asociadas, hoxe escasamente chegamos ás 70 e o número non fai máis que  reducirse como consecuencia da crise demográfica que afecta ó rural ourensán. No que atinxe á actividade, inicialmente houbo que centrar os esforzos en sentar unhas bases sólidas para botar a andar, e iso fíxose ben, dado que na actualidade continúase con moitos deses proxectos: festas patronais, xogos infantís,... ós que se lle foron engadindo outros novos como a noite de monólogo, olimpíadas rurais da Broa, concertos,...


Qué papel teñen que xogar as asociacións veciñais na actualidade?


Deben xogar un papel moi activo e axudar a dinamizar de forma efectiva o entorno, fomentando a unión e a participación dos veciños. Por iso, é importante a organización de todo tipo de actividades: benéficas, educativas, culturais, deportivas e recreativas . Todo isto sen esquecer un dos fins básicos do movemento veciñal, a defensa dos intereses xerais dos asociados.


Que reflexión fai destes anos?


Ao longo destes anos foron moitos os logros materias que se acadaron: o campo de fútbol, o novo local, a restauración do retablo maior da igrexa, melloras no campo da festa,... Pero o máis importante é que aquel xerme de participación que se iniciou fai 25 anos cunha multitudinaria sardiñada e uns xogos populares, a día de hoxe segue moi latente e a nosa parroquia é unha das máis participativas e unidas da zona.

Te puede interesar