CELANOVA

O Bola terá un presuposto este ano de 973.000 euros

Un reto do Concello será a potenciación do servizo de axuda a domicilio

A Corporación municipal de A Bola aprobou onte pola mañá o presuposto que xestionará o Concello no presente ano, que ascenderá a 973.000 euros. As contas municipais foron aprobadas por unanimidade no transcurso dunha sesión plenaria. Desta cifra global, un 34 por cento será destinado a gastos de persoal, mentres que un 40 por cento gastarase en investimentos.

O Concello que preside a independente Teresa Barge fai especial fincapé en que un dos retos que acometerá este ano será a potenciación do servizo de axuda a domicilio, un ámbito no que aumentaron as contratacións de persoal. O Concello dispoñía de cinco personas para esta actividade e contará con unha máis a través do plan concertado con Servicios Sociais e Deputación.

Segundo Teresa Barge, estas contratacións constitúen unha fonte de traballo para as mulleres do Concello, o que representa indirectamente estar asentando poboación. "Nós entendemos -sinala Barge- que é moi importante a profesionalización do emprego feminino, xa que permite o asentamento poboacional e ó mesmo tempo, sale a custo cero para o Concello, xa que parte procede de subvención e parte dos propios usuarios do servicio. E ó mesmo tempo, prolongamos a estancia dos nosos maiores no seu domicilio cunha calidade de vida digna".

Otro dos obxectivos será o fomento do cooperativismo, para o que resulta vital o papel que está a desenvolver a técnica que se responsabiliza desta actividade, como fórmula de creación de emprego a partir das potencialiades do Concello en áreas como os sectores agrícola, gandeiro, forestal, medioambiental.

En canto ós investimentos, unha parte notable adicarase, segundo a rexidora, a afrontar un bacheado xeral das vías titularidade municipal, así como a proxectos de saneamento e abastecemento, entre outros.

Te puede interesar