CELANOVA

O campeón do mundo de espada coreana visitou o CDR O Viso

Os nenos e nenas realizaron unha actividade de taekwondo e defensa persoal co seu invitado de honra

Un momento da actividade.
Un momento da actividade.
O campeón do mundo de espada coreana visitou o CDR O Viso

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso continúa dinamizando a vida do entorno limiao con actividades para maiores e pequenos. Neste senso, e dentro do campamento organizado pola entidade social para cativos da comarca, os participantes recibiron a visita do campión mundial de Haidong Gumdo ou, o que é o mesmo, espada coreana, Lucas Egas Villanueva, que é natural de O Carballiño.

Os nenos e nenas realizaron unha actividade de taekwondo e defensa persoal co seu invitado de honra -e tamén mestre de artes marciais- . Os participantes aprenderon e desfrutaron da experiencia.