FORMACIÓN

Campo de traballo para formar a mozos no sector audiovisual

Será entre os días 16 e 30 de xullo e, de novo, contará cun máximo de 20 alumnos chegados de diferentes países

Un ano máis, Celanova volverá contar cun campo de traballo especializado no sector audiovisual para mozos de entre 18 e 30 anos. Será entre os días 16 e 30 de xullo e, de novo, contará cun máximo de 20 alumnos chegados de diferentes países, un aspecto que enriquece á propia formación recibida durante esas dúas semanas. 

Durante ese tempo, os participantes poderán achegarse de xeito práctico a disciplinas como a redacción dun guión, producción, rodaxe, montaxe, posproducción e mesmo aproximarse á interpretación. Os participantes aloxaránse no albergue municipal e terán ademais a oportunidade de participar nas conferencias previstas no curso de verán da Universidade de Vigo, sempre que coincidan as datas de celebración. 

Os interesados deberán formalizar a súa inscripción no portal da Dirección Xeral de Xuventude (www.xuventude.net). O prazo de presentación de solicitudes abrirase nas próximas semanas.

Te puede interesar