ACTIVIDADES DE NADAL

A Casa dos Poetas de Celanova abriu as actividades da Ludoteca de Nadal

Un total de 48 nenos da vila, con idades comprendidas entre catro e doce anos, xa se inscribiron nesta programación

A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova puxeron en marcha unha nova edición da Ludoteca do Nadal, dirixida para a rapaces da vila con idades comprendidas entre 4 e 12 anos. A programación desenvólvese na Casa dos Poetas, entre os días 22 e 30 de decembro, de 11,00 a 13,00 horas. Xa se inscribiron na mesma un total de 48 cativos que, distribuidos en dous grupos, disfrutan con actividades e obradoiros de postais, danza, teatro, pintura.

O programa xa comezou onte, día 22, cun obradoiro sobre confección de adornos de Nadal e xogos. Hoxe, día 23, o grupo de maiores aprenderá a confeccionar postais creativas mentres que o dos pequenos disfrutará coa danza. Mañá, día 24, os maiores terán actividades de pintura e os máis cativos, movemento en conxunto.

O día 26, o grupo disfrutarán dun Entroido de Nadal e os pequenos, co teatro, actividades que se repetirán o día 27, pero cambiando de grupo. Xa para o día 28 os participantes 'xogarán' cos poemas e o 29 e 30 de decembro haberá actividades de danza, elaboración de postais e pintura.

Comedia musical

Paralelamente, o vindeiro luns, día 26, os rapaces de Celanova poderán disfrutar do espectáculo "Rockenstein, unha comedia musical para toda la familia", que ofrecerá a compañía Produccións Malasombra, a partir das 20,30 horas, no auditorio municipal Ilduara.

Te puede interesar