INFRAESTRUCTURAS

Casardeita estrea asociación e inaugura unha bibioteca

O cometido principal desta iniciativa será o de servir de Biblioteca Popular para os veciños gracias ás donacións bibliográficas realizadas por particulares da zona

O lugar de Casardeita, pertencente ó concello de Ramirás, inaugurou onte a asociación cultural Follas Vivas Lois Antón, impulsada por xente nova que aposta por unha vida no rural. O cometido principal desta iniciativa será o de servir de Biblioteca Popular para os veciños gracias ás donacións bibliográficas realizadas por particulares da zona. 

A presidenta da asociación, Uxía San Miguel, relatoulles ós asistentes a orixe desta idea, á que se foron sumando cada vez máis veciños dende o ano 2012 e "hai uns meses acordámonos de que era o momento de facer algo", explicou no seu discurso de benvida. Xunto a ela estivo Pablo Sánchez narrando unha pequena historia da lectura remontándose ás antigas civilizacións. Xa por último, participou o poeta Lois Antón, veciño da zona e quen lle dá nome a este proxecto.

Te puede interesar