tasas

Celanova aplicará tasas ó uso do dominio público no rural para transporte de enerxía

A moción foi aprobada por unanimidade, aínda que o rexidor sinalou que habería que actuar "con cautela", para evitar que esas tasas repercutan no recibo final dos consumidores

A corporación municipal de Celanova aprobou onte unha moción do BNG-AA, na que pedía que se impuxera unha tasa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares de instalacións e transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos. O alcalde, José Luis Ferro, sinalou que esa tasa xa se aplica no casco urbano de Celanova e que agora tamén se poñerá no rural. A moción foi aprobada por unanimidade, aínda o rexidor sinalou que habería que actuar "con cautela", para evitar que esas tasas repercutan no recibo final dos consumidores. 

Tamén foron aprobadas outras dúas moción do BNG, con sendas enmendas do grupo 'popular'. A primeira, para "a ampliación da acreditación por violencia machista, da creación do estatuto de feminicidio e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica". Tamén se aprobou por unanimidade a solicitude para construir un centro público de atención ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos na provincia. Neste asunto, o PP propuxo que se construira un  centro con capacidade dabondo para atender toda a demanda que haxa na provincia, pois consideraba que o proposto polo BNG non a cubriría. A moción foi defendida pola portavoz da Plataforma que se está a mobilizar para conseguir o este centro, Helena Domínguez, a quen lle cedeu a palabra o grupo do BNG.

Sí se rexeitou, cos votos en contra do PP, outra moción do BNG  "para garantir o subministro eléctrico ás personas sen recursos", pois segundo explicou o PP, a Xunta xa adoptou medidas para atender esas situacións. 

O pleno deu luz verde ó nomeamento de representantes na mesa local de coordinación contra a violencia de xénero constituida pola Mancomunidade. Foron nomeados a concelleira Sonia Opazo e o xefe da Policía Local, Fernando Mouriño.

A corporación tamén deu luz verde á proposta de estreitar a colaboracion cultural co Concello coruñés de Rianxo.

Te puede interesar