CELANOVA

Celanova celebra San Marcos con ovos cocidos

Dúcias de personas celebraron con menús pesar do frío o inicio do ciclo festivo do verán 

Un ano máis, a celebración do San Marcos volveu encher de ovos cocidos a gastronomía celanovense por un día. Foron moitos os locais de hostelería da vila, arredor dunha trintena, os que se sumaron de novo á iniciativa de ofrecer pinchos elaborados sobre este tradicional prato ós seus clientes.

A celebración está inspirada no antigo costume da parroquia da Gandarela, onde se adoitaba comer ovos cocidos o día 26 de abril, por ser a festa do patrón do lugar. A pesar de tratarse dunha xornada celebrada nun sitio pequeno, era moi coñecida na contorna, atraendo ata a Gandarela a numerosos veciños das parroquias de arredor. Se ben co tempo se foi perdendo esta tradición, hai agora catro anos que foi recuperada e trasladada á capital do concello e fixada para a fin de semana seguinte do San Marcos.

Deste xeito, o concorrido aperitivo da xornada de onte innovou sobre as propostas tradicionais optando por unha ampla variedade de presentacións. Dende ovos recheos ou ó tradicional ovo cocido con pimentón pasando por opcións máis novidosas como a mestura con mexilóns e outros productos do mar ou ben acompañados por arroz. Asimesmo, a idea da festa non se centra só nos pinchos, senón que tamén pasa por compoñer pratos do día con este ingrediente como estrela principal. Esta imaxe repetiuse tamén na habitual saída da tarde, para aqueles que non tiveon ocasión de degustar os pratos a mediodía. A proposta lúdica non só se limitou só á gastronomía, senón que os veciños puideron dixerir os ovos cocidos coa actuación da orquestra Nevada na Praza Maior, que lle puxo banda sonora a este novo xeito de celebrar o San Marcos. 

Te puede interesar