CELANOVA

Celanova fórmase para actuar ante situacións de risco

<p></p>
photo_camera Os bombeiros da Mancomunidade fixeron demostracións de excarcelación en sinistros de tráfico.

A xornada achegou á poboación os medios que se utilizan nos diferentes tipos de sinistros 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou onte na Xornada de prevención organizada polos bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova. Segundo salienta a Xunta, a xornada tiña como obxectivos coñecer os servizos de emerxencia; concienciar sobre os accidentes de tráfico tanto a peóns como a condutores; crear actitudes de prevención e empregar técnicas defensivas en relación ao tráfico, así como coñecer as normas de circulación peonil en estrada e ter un comportamento adecuado como peón.

Dende as 11 ata as 18 horas na praza Maior tiveron lugar prácticas de extinción de incendios en cociñas, un simulacro de rescate urbano no que participaron nenos e unha exhibición de rescate e excarceración. Menor aproveitou a xornada para destacar o traballo que realizan as agrupacións de voluntarios de Protección Civil "como reforzo dos servizos de emerxencias, especialmente en actividades de prevención". Sinalou que "en moitas ocasións son os primeiros en intervir, co que prestan unha inestimable colaboración".

Te puede interesar