LITERATURA

Celanova recupera para o seu patrimonio un libro do celanovés Mauro Castellá Ferrer

A obra, escrita en 1610, estaba a venda nun portal de internet

O Concello de Celanova adquiriu o libro orixinal da "Historia do Apóstol Santiago", escrito no ano 1610 polo celanovés Mauro Castellá Ferrer. Un exemplar que o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, calificou como "unha xoia bibliográfica galega que é patrimonio literario de Celanova"

A publicación, que se atopaba á venda nun portal de internet, incorpórase agora ó fondo local da biblioteca da Fundación Curros Enríquez.

Te puede interesar