RECONOCIMIENTO

Celanova reivindica la figura del escritor y militar Mauro Castellá

photo_camera Unha persoa deixa o seu donativo na urna instalada onte na Praza Maior".

O eixo da campaña é a compra dun exemplar da obra "Historia del apóstol Jesús Cristo Santiago Zebedeo, patrón y capitán general de las Españas"

A Fundación Curros Enríquez, de Celanova, puxo en marcha unha campaña para recuperar a figura  do escritor e militar Mauro Castellá Ferrer. O eixo da campaña é a compra dun exemplar da obra "Historia del apóstol Jesús Cristo Santiago Zebedeo, patrón y capitán general de las Españas", publicado por Castellá no ano 1610. O libro, que foi localizado nunha páxina web de coleccionistas, é un dos poucos exemplares que se conservan e ten un prezo de 900 euros.

Para mercalo, a Fundación, coa colaboración do Concello de Celanova, deseñou unha campaña que inclúe a distribución de carteis pola vila e a instalación dunha urna na Praza Maior, para que os veciños e calquier outra persoa poida deixar a súa doazón.

A urna só se colocará la Praza os xoves, e o resto dos días permanecerá nunha sala preto da entrada do Concello, ata que se consigan os 900 euros. "É unha forma de dar a coñecer a figura de Mauro Castellá e ó mesmo tempo, implicar á xente na actividade da Fundación", sinala o membro desta institución cultural Antonio Piñeiro. A súa  instalación na xornada de onte suscitou unha grande expectación e foron moitos os que xa deixaron a súa aportación.

Mauro Castellá Ferrer naceu en Celanova en 1567 e o libro que se pretende mercar foi publicado en 1610. O seu contido avala a relación que sempre mantivo Celanova co culto ó apóstolo e tamén inclúe una descripción visual do antigo edificio do mosteiro de Celanova, así como unha biografía do patrón da vila, San Rosendo.

Te puede interesar