CELANOVA

Un cento de participantes no I Encontro de Músicos

18.04.15.CELANOVA.RECTORAL.DE.ANSEMIL.ENCONTRO DE MUSICOS.MASTER CLAS DEL BAJISTA  PEPE BAO PRESENTA JAVIER TORCUATI ORGANIZADOR DEL EVENTO.
photo_camera Un momento de la 'master class' que ofreció Pepe Bao.

Posibilitou o debate e intercambio entre aficionados, profesionais e empresas

O I Encontro de Músicos Ourensanos reuniu onte a un cento de persoas na casa de turismo rural Rectoral de Ansemil, No Concello de Celanova. Promovido pola Asociación Limia Verde, agrupación de empresarios de turismo rural da zona sur da provincia, o seu obxectivo, segundo sinalaba Javier Torquati, organizador do certame, foi xuntar músicos, aficionados e profesionais, así como empresas existentes arredor do ambiente musical, para debatir e compartir iniciativas e experiencias e abrir novos ámbitos de colaboración.

Ao longo de toda a tarde fóronse sucedendo as intervencións de lutieres, profesionais de empresas de xestión cultural e responsables de escolas de música, charlas sobre música para series e debates sobre producción musical nun estudio creado ao efecto nas dependencias que acolleron o evento.Asi mesmo, os presentes disfrutaron da música en directo coa master class impartida por Pepe Bao, baixista de O'funk'illo e a actuación do grupo En Mala Hora e outros músicos invitados.

Con esta actividade, a Asociación Limia Verde pretende, segundo sinalou Javier Torquati, promover actividades para dinamizar e potenciar o sector do turismo rural no sur da provincia, "e coido que o conseguimos dabondo nesta primeira edición do Encontro, no que todo saliu perfecto, polo que xa estamos pensando na celebración do encontro do ano que ven", asegurou.

Te puede interesar