AUDIOVISIAL

O cine en galego regresará o 30 de setembro ao Auditorio Ilduara

Ata decembro, veciños de Celanova e arredores poderán gozar da proxección das películas "Sicixia" (30 de setembro), "Neruda" (7 de outubro), "Touro" (14 de outubro), "100 metros" (18 de novembro) e "Psiconautas, os nenos esquecidos" (3 de decembro)

O cine en galego regresará o 30 de setembro ao Auditorio Ilduara

O cine regresará este mes á programación do Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC) da man do circuíto autonómico "Cinemas de Galicia", que impulsa a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). 

Ata decembro, veciños de Celanova e arredores poderán gozar da proxección das películas "Sicixia" (30 de setembro), "Neruda" (7 de outubro), "Touro" (14 de outubro), "100 metros" (18 de novembro) e "Psiconautas, os nenos esquecidos" (3 de decembro). Todas as proxeccións serán en galego e comezarán ás 20,00 horas.

ALLARIZ
Ademais da vila de San Rosendo, na provincia de Ourense, a cartelera de "Cinemas de Galicia" tamén chegará a Allariz. As cintas escollidas polos responsables alaricanos de cultura, que se proxectarán os fins de semana de outubro e novembro, serán "Un amor de verán", "Ballerina", "Psiconautas, os nenos esquecidos" e "María (e os demais)".