INSTALACIONES

A Escola de Música de Celanova terá 50.000 euros de orzamento

<p></p>
photo_camera O pleno municipal de Celanova celebrou onte unha sesión plenaria ordinaria.

O pleno municipal aprobou incrementar en 8.000 a asignación para o vindeiro curso 2018-2019

O pleno municipal do Concello de Celanova aprobou onte por unanimidade incrementar o orzamento da Escola de Música na vindeira partida presupostaria. Deste xeito, pasaría dos 42.000 euros actuais a 50.000. A decisión tomouse a raíz dunha moción presentada polo grupo do BNG na que solicitaban un aumento da contía en 10.000 euros. Durante a sesión, o grupo popular presentou unha enmenda de sustitución propoñendo os 8.000 euros finalmente aprobados.

Segundo explicou o voceiro do PP, Máximo Losada, trátase da "cantidade solicitada polo presidente" da Asociación Amigos da Banda para cubrir as necesidades diarias da formación musical. Neste punto, acusou ós nacionalistas de "chegar tarde á preocupación" pola Escola de Música, algo que non lle agradou ó voceiro do BNG, Leopoldo Rodríguez, asegurando que, de non ser polo seu partido "non terían arranxado a Casa da Música, o tellado do colexio ou o parque infantil". En calquera caso, tódolos membros da oposición decidiron votar favorablemente agardando poder aumentar esta partida nos vindeiros anos.


Herbas en Mourillós


A sesión plenaria contou tamén cunha petición de urxencia trasladada polo Bloque Nacionalista Galego relativa á altura das herbas do camiño que une Mourillós coa Carballeira. "Os veciños trasladáronnos que teñen os coches raiados por culpa da vexetación e que xa solicitaron varias veces que se corten". O alcalde, José Luis Ferro, asegurou non ter coñecemento desa petición.

Te puede interesar