premio

Isabel Blanco, premio Celanova Casa dos Poetas

Membros do xurado do premio fallado no día de onte.
photo_camera Membros do xurado do premio fallado.

O xurado destcaa o "seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional no ámbito do cine e a televisión"

O xurado do premio "Celanova, Casa dos Poetas" acordou onte conceder o galardón este ano á actriz Isabel Blanco "polo seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional no ámbito do cine e a televisión non só en Galicia senón no resto do Estado", segundo infromou o xurado. Pondera tamén "a súa actitude positivista e afable, a cultivar unha visión amable da sociedade galega, tanto do aquén coma do alén das nosas fronteiras culturais e emocionais".

Por outra banda, o Padroado da Fundación Curros Enríquez reuniuse coa presenza de representantes do Concello de Celanova, do Consello da Cultura Galega, da Deputación Provincial de Ourense e outros patróns a título individual, co fin de aprobar as contas e actividades de 2018, planificar as actuacións para 2019. A Fundación sinalou que o ano pasado máis de 13.600 persoas foron antendidas nas actividades e servizos que a entidade desenvolveu en diversos lugares como son a Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo e a Torre de Vilanova dos Infantes. 

Te puede interesar