SERVICIOS - CONTAMINACIÓN

A Merca busca as causas da contaminación da súa auga

A MARCA, OURENSE 16/11/2017 A Merca aviso de agua no potable en los pueblos del concello, foto Gonzalo Belay
photo_camera Un dos avisos urxentes distribuídos polas parroquias do Concello da Merca.

O grupo do BNG atribúe o problema á proximinade do punto de captación coa central hidroeléctrica

O grupo municipal do Concello da Merca elaborou unha moción para debatir no pleno da corporación local na que se fai eco dun bando emitido polo alcalde, no que se informa aos vecinos que a auga do servizo de abastecemento "non é apta para o consumo, polo que non se deberá utilizar para bebida ou preparación de alimentos ata novo aviso", ao estar contaminada por trihalometanos (un subproducto da desinfección que se xenera debido á reacción do cloro coa materia orgánica presente na agua). 

O grupo nacionalista achaca o problema á situación na que se atopa a captación de auga. Sinala que "a alta concentración de materia orgánica que por desgraza posúen os nosos ríos xúntase co escaso caudal que (aparte da inevitable sequía), agrávase polo escaso caudal ecolóxico e pola cercanía coa que se atopa a central hidroeléctrica, que devolve ó cauce do río unha grande cantidade de auga cunha temperatura moi distinta á que trae o propio río, alterando o ecosistema da zona".

Os nacionalistas critican ó goberno municipal pola escasa información que trasladou aos veciños sobre este problema, "limitándose a poñer un aviso urxente nos taboleiros de anuncios das parroquias, deixando aos veciños desamparados e poñendo en grave risco a súa saúde ao deixalos sen a información e os consellos necesarios para afrontar esta situación". A todo esto, segundo os concelleiros do BNG, súmase o custo económico que lle supón esta situación aos veciños, polos gastos adicionais que teñen que asumir ao non poder utilizar a agua para beber ou cociñar, xa que o Concello non lles garante un abastecemento domiciliario de auga potable, incumplindo a ordenanza reguladora do prezo público da auga no Concello.

Por todo esto, os edís do BNG, Xurxo Nóvoa e Teresa Garrido, plantexan á corporación municipal a adopción de tres acordos: realizar un estudio técnico sobre a conveniencia da ubicación nesa zona da captación de auga; confeccionar un folleto "con información clara e concisa sobre a non potabilidade da auga da traída e das súas consecuencias"; e por último, a reducción dunha porcentaxe, a acordar polos grupos municipais, no próximo recibo da auga".

O alcalde di que a causa está na sequía

O alcalde da Merca, Manuel Jorge Velo, sitúa a causa do problema "na pouca auga" que leva o río. "As analíticas que realiza Sanidade detectaron a presencia de Trihalometanos na auga e informamos aos veciños, a través de bandos, de que non era apta para o consumo". Considera o alcalde que a ubicación da captación, nas proximidades da central hidroeléctrica, non ten nada que ver co problema, xa que, segundo dí, neste momentos nin siquera está funcionando.

Os técnicos como a Consellería de Sanidade están a traballar nestres momentos para intentar localizar a causa deste problema que afecta ao suministro.

Manuel Jorge Velo afirma que os veciños están perfectamente informados a través dos bandos que se distribuíron e puntualiza que o problema de contaminación afecta só a unha parte do Concello, a que recibe o suministro dos depósitos de Casal e Corbillón.

Te puede interesar