ENTREVISTA

José Luis Ferro: “Necesitaba ser 
referendado polos
 veciños para tomar
medidas no concello"

Ferro
photo_camera José Luis Ferro Iglesias, alcalde de Celanova polo PP.

José Luis Ferro colleu o bastón de mando da alcaldía de Celanova a finais do ano 2012 trala marcha do veterano "popular" Antonio Mouriño ao Parlamento de Galicia.

José Luis Ferro colleu o bastón de mando da alcaldía de Celanova a finais do ano 2012 trala marcha do veterano "popular" Antonio Mouriño ao Parlamento de Galicia. Tras dous anos e medio de dura xestión, pola perda da maioría absoluta pola marcha dunha compañeira á oposición, Ferro saíu reforzado nas eleccións do pasado domingo acadando oito concelleiros, un máis que os que lle deixou o seu antecesor.

Esperábase un resultado tan contundente?
As impresións eran moi boas e a xente na rúa transmitía boas vibracións, pero non. Eu confiaba en acadar os sete edís, pero os oito non os esperaba. Quero agradecer ao pobo a confianza e espero non defraudarlles. Agora xa son o máximo responsable e demostrarei aos veciños a miña capacidade de xestión para mellorar a situación económica e que son unha persoa dialogante. Contarei coa oposición, porque tiveron 1.492 votos e teño que telos en conta á hora de gobernar.

A que cree qu se debe o respaldo?
Penso que foi polo cambio. Aquí en Celanova, é certo que froito da casualidade, houbo un cambio de ciclo e a xente valorouno. A política ten que seguir nese camiño, ten que haber unha rexeneración no partido e nas persoas e non so nas alcaldías, tamén arriba. Porque ás veces os alcaldes levamos os paus que non son para nós e penso que moitas das alcaldías que se perderon non foi pola xestión dos alcaldes.

Como ve o panorama político na provincia?
O PP aguantou ben nos concellos pequenos, sobre todo na nosa comarca, pero en xeral para o partido penso que foron malos resultados. Hai que rexenerar, un cambio de persoas que transmitan outra ilusión. Eu creo que o partido acabou un ciclo.

Cales serán as primeiras medidas que vai levar a cabo?
As primeiras medidas que imos tomar serán de tipo organizativo coa asignación de áreas e competencias dos concelleiros e tamén no persoal do Concello, sobre cuestións que vin nestes dous anos e medio. Creo que necesitaba ser referendado polos veciños para tomar as medidas. Tamén quero cambiar varias ordenanzas.

Unha das maiores polémicas que lle enfrontou ca oposición foi o tema do seu soldo, o volverá a subir?
Ese debate xa está pechado e regulado por lei. O soldo do alcalde ten unha limitación e, nese sentido, o modificarei ata os 45.000 euros brutos anuais (a oposición o baixou aos 32.900), igual que as dedicacións dos edís. Nos corresponden dous concelleiros e así o imos fixar, porque son postos necesarios, dada a cantidade de traballo que hai no concello.

Te puede interesar