Parada de Sil inaugurará o sábado a Casa do Chocolate

photo_camera Unha das dependencias interiores da Casa do Chocolate, situada en Parada de Sil.

O espazo museístico ubícase na antiga fábrica da familia Casares 

O próximo sábado, día 30, terá lugar no pobo de Teimende (Parada de Sil), a inauguración da Casa do Chocolate, despois da recuperación levada a cabo polo Concello da antigua fábrica pertencente á familia Casares e que durante case un século foi unha referencia no entorno. Pechou as suas portas a finais dos anos oitenta con motivo da xubilación de Ricardo Casares, o último chocolateiro. As actuais propietarias, viúva e fillas do último chocolateiro, respectivamente, decidiron ceder de xeito gratuito ó Concello as máquinas da fábrica de chocolate e o inmoble que as alberga, co obxectivo de que non se perda a memoria dunha actividade que tivo moita sona no seu tempo. Ademais da fábrica, a familia Casares aportou un importante volumen de documentación sobre a actividade industrial e comercial das duas últimas xeneracións.

A rehabilitación foi posible ca achega de fondos europeos, o respaldo da Axencia Galega de Turismo, e a aportación do propio concello. Os traballos levados a cabo permitiron remozar a estructura do inmoble, así como recuperar a maquinaria póndoa en disposición de funcionar. Segundo o alcalde en función, Francisco Magide, o recinto poderá ser visitado de maneira inmediata.

Os actos da inauguración terán lugar no centro social de Teimende e darán comezo ás 12 da mañán, coa intervención do alcalde e da familia Casares, proxectarase un video sobre a antigua fábrica dos Chocolates Caldelas e sobre o seu último impulsor, Ricardo Casares. osteriormente procederase á inauguración formal nas instalacións da Casa do Chocolate, ubicada a poucos metros do centro social.

Te puede interesar