SERVICIOS

O PSOE reclama no Parlamento solución para a agua da Merca

Piden que o concello tome medidas técnicas e lle explique ós veciños as acciones preventivas que deben de pór en marcha 

O grupo do PSdeG-PSOE pedio onte no Parlamento que se executen as medidas técnicas necesarias para potabilizar a auga do Concello da Merca despois de que se detectase unha "elevada presenza" de trihalometanos o pasado mes de xuño, tal e como fixo constar o goberno municipal a través dun bando no que recomendaban non empregala para o consumo humano. 

Neste sentido, os socialistas avogan pola execución destas medidas "sen rebaixar as prestacións hixiénicas" e coa fin de eliminar as partículas nocivas. Asimesmo, pediron durante a Comisión de Medio Ambiente que o Concello lle traslade información "clara e concisa" á poboación sobre esta contaminación na auga corrente e "os riscos que ten para a saúde". Os deputados do PSOE insistiron na necesidade de explicarlle ós veciños as medidas preventivas que debe tomar para evitar os trihalometanos.


RISCO DE DANO HEPÁTICO


Segundo advirten os socialistas, trátase de partículas que xorden da reacción entre a materia orgánica e o cloro. A súa inxesta en cantidades elevadas e prolongadas no tempo "causa danos hepáticos e son potencialmente canceríxenas", podendo provocar problemas no fígado e o ril. Con todo, aseguran que a cantidade presente na auga da Merca é "ínfima" e as súas consecuencias só poderían advertirse co tempo.

Te puede interesar