Rebulir dá a coñecer os premios “Cultura galega"

Os premios Rebulir de "Cultura Galega" naceron no ano 2012 como un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega

A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás acaba de dar a coñecer os nomes das tres figuras que serán obxecto de recoñecemento público con motivo da gala central do "Festival Internacional Rebulir (FIR)" de Ramirás que, o 16 de decembro, levarase a cabo na localidade do Picouto. Na reunión celebrada en agosto, e cuxo fallo coñecemos agora, acordouse conceder o galardón na categoría "Música Galega" a Uxía Senlle. Xosé Manuel Gayoso levará o premio "Cultura Galega", mentres que Lois Antón Pérez, poeta local, será o homenaxeado pola súa longa vida persoal e profesional adicada á literatura en Ramirás.

Os premios Rebulir de "Cultura Galega" naceron no ano 2012 como un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega. Noutras edicións os premiados foron Laura González (Maret), Rubén Riós, Xosé Diz, Xosé Manuel Piñeiro, Kepa Junkera, Susana Durán, María do Ceo, Leilía, Marcos Pereiro, Xosé Touriñan ou a Banda de Música de Ramirás.

Te puede interesar