RECOÑECEMENTO

Rebulir premia a Leilía e ao dúo Pereiro-Touriñán

O galardón se entregará o próximo 17 de decembro no polideportivo de O Picouto

O grupo Leilía, pola proxección da cultura galega, e Marcos Pereiro e Xosé Touriñán, no eido do patrimonio oral, son os galardoados na quinta edición dos premios "Rebulir Cultura Galega", que convoca o colectivo de baile e música tradicional  do concello de Ramirás, na comarca de Terra de Celanova. 

O galardón, que nacía no ano 2012 como un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúen á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas súas diferentes manifestacións, farase entrega no marco da gala central do Festival Internacional Rebulir que terá lugar o sábado 17 de decembro no polideportivo de O Picouto.

En pasadas edicións foron premiados persoeiros como Kepa Junkera, María do Ceo, Xosé Manuel Piñeiro e Rubén Riós, entre outros. 
 

Te puede interesar