formación

Remata en Celanova o obradoiro de poesía visual

Momento da celebración do obradoiro de poesía virtual.
photo_camera Momento da celebración do obradoiro de poesía virtual.

Foi impartido polo artista plástico Xosé Poldras, experto en diversas disciplinas no campo das artes

A Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez ven de acoller a segunda e derradeira xornada do Obradoiro de poesía visual, que foi impartido polo artista plástico Xosé Poldras, experto en diversas disciplinas no campo das artes. 

Segundo acaba de informar a entidade organizadora a xornada centrouse sobre todo no retoque dixital en grupo de cada obra fotográfica final, para dar despois "unha eventual uniformidade ao traballo e na busca de versos dos escritores de Celanova que se adecúen as metáforas realizadas co material de refugallo", tal e como reflexan os organizadores nunha nota de prensa.

Precisamente as vinte imaxes resultantes deste obradoiro van poder observarse nunha mostra que organizará a Casa dos Poetas a partir do vindeiro mes de marzo. 

Te puede interesar