CELANOVA

Rúas, tabernas e bares acollen hoxe outra Foliada Cultural

photo_camera Una de las actividades programadas en la Foliada celebrada el año pasado.

Os participantes visitarán a Casa dos Poetas e o Mosteiro con actuacións musicais e lectura de poemas 

n n As rúas, os bares, as tabernas e os escenarios máis singulares da vila recibirán hoxe ós participantes da terceira edición da Foliada Cultural. O único requisito para unirse é o de ter a vontade de pasalo ben, unha característica que pode ir acompañada dalgún instrumento musical ou de ganas de cantar e gozar coa música tradicional ó tempo que se mimetizan co patrimonio celanovés.

O punto de partida está establecido na Casa dos Poetas ás 12 horas, un lugar onde se combinará a foliada coa lectura informal de poemas, principalmente de autores de Celanova e cunha visita cultural ó edificio, como xa ten acontecido nas anteriores edicións. Dende alí, cheos de música e poesía, os que se animen a participar camiñarán ata o Mosteiro pasando por diferentes bares e tabernas.

A Foliada Cultural teñen como orixe xuntanzas espontáneas promovidas por músicos como Alexandre Ruíz nas que os amantes da cultura popular se unían para compartir unha xornadas festiva nos diferentes testablecementos da vila. A colaboración do Concello de Celanova, da Fundación Curros Enríquez e do IES Celanova permite, ademais, outorgarlle o carácter máis cultural achegando o son das gaitas ou as pandeiretas, así como as lecturas máis informais de poemas ata lugares onde non son tan habituais.

Te puede interesar