Buján: ‘As coleccións dan grande atractivo á Biblioteca de Galicia'

Daniel Buján, na Biblioteca de Galicia (LAVANDEIRA)
photo_camera Daniel Buján, na Biblioteca de Galicia (LAVANDEIRA)

O filósofo Daniel Buján, actual director da Biblioteca de Galicia e un home que combina sobredoses de traballo e soños, considera que o número de volumes que, a través de doazóns ou depósitos, recibe o orixinal "Babel" á fronte do cal está confire a este medio un "grande atractivo".

Con motivo do día internacional destes espazos que se desenrola nesta xornada, este responsable, que sabe moito de entrelazar letras nese estraño límite entre realidade e ficción, cita a longa lista de coleccións que hoxe alberga este edificio instalado na Cidade da Cultura. Na cesión ou legado de fondos figuran Basilio Losada Castro, Xesús Alonso Montero, José Luis Basanta (cunha das coleccións máis importantes do mundo de libros de reloxos), Celso Collazo Lema, as familias Sixto Seco, Enrique Curiel e Luis Losada Espinosa, e as fundacións Carlos Casares e Cabaleiro Goás. Tamén figuran os legados do intelectual Isaac Díaz Pardo (16.000 volumes con especial protagonismo da intelectualidade galega exiliada), Rodolfo Núñez de las Cuevas, Rogelio Groba, Gonzalo Fernández Obanza, Alejandro Armesto, Ignacio Novás, ou os fondos prestados temporalmente pola Fundación Camilo José Cela para di- fundir a través dunha exposición a obra do Nobel de Iria Flavia.

 

Te puede interesar