O Museo Casa da Troia se manterá aberto no mes
de setembro

O Museo Casa da Troia manterá abertas as súas portas todo o mes de setembro. O público poderá así visitalo de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 coa excepción dos venres, que prolongará o seu horario ata as 22,00 horas, de tal forma que os martes e os domingos retrasará a apertura ás 12,00 horas. Os luns e os domingos pola tarde permanecerá pechado.

Durante o mes de agosto visitárono 725 persoas, das que o 16,14 por cento eran turistas estranxeiros e o resto, nacionais. “Son datos lixeiramente mellores cós do ano pasado, segundo explicó aonte Benigno Amor –presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns–, polo que estamos moi satisfeitos".

O presidente da asocación dixo ademais que "así e todo os que formamos parte do sector cultural e turístico debemos facer un esforzo para que o visitante vexa algo máis ca catedral. Por exemplo, na zona do Obradoiro podería haber un punto informativo, quizais atendido por voluntarios, que oriente á cantidade de xente que se concentra alí a diario”.

Te puede interesar