rugby

Triunfo do Campus: á primera foi a vencida

O Campus, que non vencera fora da casa na pasada tempada, se estrea cun holgado triunfo ante o Universidade de Vigo

O Campus Ourense fixo nun día o que non puido facer en toda a pasada tempada: gañar fora da casa. Os homes de David Monreal deron mostras do seu potencial e superaron con claridade ao Kaleido Universidade de Vigo, 8-40.

Os vigueses, sen Brizuela nin Sito Moure na primeira liña e coa maioría de xogadores procedentes da súa canteira, amosou poucos argumentos ante un Campus Ourense con cinco xogadores do Hemisferio Sur ós que engade o inglés Marston.

Os primeiros minutos foron de certa esperanza para a formación dirixida por Adrián Lago, que tivo un comezo como técnico duro. Os locais mantiveron a posesión durante os primeiros dez minutos e xogaron con bo ritmo nos arredores da zona de marca visitante. Tras moito ataque e algún que outro erro preto do ensaio, o Kaleido Vigo aproveitou un golpe de castigo para abrir o tanteador. Sería case unha anécdota porque os locais non volveron a sumar ata mediado o segundo acto.

O Campus Ourense aproveitaba os erros locais para saír con ensaio en cada aproximación á zona de marca viguesa. Baixo a batuta de Stratton chegaron os puntos ante un Kaleido Vigo que sufría moito en defensa, mentres carecía de eficacia nos últimos dez metros. O resultado, unha derrota abultada e a constatación de que a permanencia será un logro de mérito.

Alegría nas filas ourensanas, polo resultado e as sensacións mostradas no primeiro derbi do curso. A renovación pinta ben e os afeccionados ourensanos teñen motivos para a ilusión.

Te puede interesar