PRESENTACIÓN

A carreira de montaña chega a Bande

OURENSE. 04.07.2015. DEPUTACION, PRESENTACION ANDAINA - TRAIL. XURXO VAZQUEZ, ARMADA, JUAN ANTA Y BERNANRDINO GONZALEZ. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Presentación da andaina-trail, este martes na Deputación. (MIGUEL ÁNGEL)

No marco da clásica andaina do concello, a organización celebrará por primeira vez un trail debido "a gran demanda" existente

Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, tivo lugar este martes a presentación da VIII edición da Andaina e a primeira edición do trail que se celebrará o domingo, 9 de agosto, no Concello de Bande. No acto estivo presente o deputado de deportes, Juan Anta, o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, o alcalde do Concello de Bande, José Antonio Armada Pérez e o técnico de deportes de Bande, Jorge Vázquez Álvarez.

A carreira de montaña celebrarase por primeira vez, por mor da gran demanda que existía para facer o trazado correndo, por iso o Concello de Bande acolle esta iniciativa, tal e como asegurou Jorge Vázquez durante a presentación.

A andaina conta cun percorrido de 20 quilómetros e a súa saída terá lugar ás 9 da mañá, mentres que o trail, dará comezo unha hora despois e ten unha extensión de 23 quilómetros aproximadamente. O punto de maior dificultade desta última proba aparece no quilómetro 14. Cada catro quilómetros os participantes dispoñerán de avituallamento.

Os interesados en participar neste evento poderán inscribirse no pavillón polideportivo do Concello de Bande ou a través da páxina web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de agosto.

Te puede interesar
Más en Deporte local