ENTREVISTA | SAN MARTIÑO 2017

"Esta é unha proba de referencia"

Ourense. 02-12-16. Deportes. Entrevista a Marta Míguez, nova directora xeral de deporte na Xunta de Galicia.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte no complexo de Os Remedios.

La secretaria xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia destaca a excelente imaxe da San Martiño coma evento deportivo

A  carreira de San Martiño está a unha semana de ter lugar, e os corredores e organizadores están a prepararse para frontar estes derradeiros días con esforzo e ilusión. Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e organizadora do evento a longo de 12 edicións, destaca a imaxe e o prestixo da carreira máis alá da provincia e o papel da proba coma dinamizador da actividade deportiva entre os ourensáns.

Cal é a imaxe da San Martiño no deporte galego?

Escoitar falar da carreira fora de Ourense é un orgullo. En toda Galicia é unha proba de referencia. Supón un evento deportivo de primeiro nivel, tanto en calidade coma en cantidade de corredores. É un evento de unha repercusión moi notable, e hai que ter en conta que en relación coa poboación da cidade o número de participantes é altísimo. A súa historia pon á carreira nun lugar de privilexio.

Como é a repercusión da carreira fora de Galicia?

Na San Martiño participan, ademáis de corredores galegos, xente de moitos lugares, coma Portugal, Asturias ou Castela e León. Ano tras ano ten máis trascendencia, e a importancia da proba traspasa fronteiras.

Cal foi a desenvolvemento da proba nos derradeiros anos?

No ano 1976 participaron unhas 300 persoas e na actualidade corren a San Martiño varios miles de deportistas. Entre corredores activos, xente que os acompaña, público e organización no día do evento estamos a falar de unha cifra que supera amplamente as 10.000 persoas. A repercusión da carreira tivo ano tras ano unha importancia crecente a nivel de saúde e de calidade de vida dos ourensáns, xa que disputar a San Martiño aumentou a práctica do deporte na cidade e animou a moita xente a iniciarse en actividades deportivas.

Que destacaría dos valores da San Martiño?

Sobre todo é o fomento do deporte saudable. Ademáis a proba aposta por un empuxe do deporte escolar, e nos derradeiros anos está aumentar de xeito moi significativo a participación feminina na proba..

Vostede organizou a proba  en varias ocasións. Con que recordo se queda?

Participei na organización da San Martiño dende o ano 2003 ata 2016, coa excepción do ano 2006. O máis gratificante de formar parte da carreira foi o traballo ben feito. Todos os que participábamos na preparación da San Martiño asumíamos o noso posto, e facíamos moito máis do exixido, con moito cariño e coa convicción de que estábamos a formar parte dun gran evento. Toda a xente que participou ou está a organizala proba quere á carreira, e responde con creces á altura do evento.

Te puede interesar